jueves, 26 de noviembre de 2015

Audiocuentos Mundo Primaria



http://www.mundoprimaria.com/audiocuentos-infantiles/

Magosto: Pasabodegas

   Este ano festexamos o magosto facendo o Pasabodegas por Sarandón. Consistiu en ir a 3 adegas da zona e realizar diferentes actividades en cada unha de elas.
   Na primeira desfrutamos da actuación dun contacontos gracias á editorial Vicens-Vives a cargo de "Keliña":



   Na segunda adega desfrutamos da actuación da Requinta da Laxeira e o seu "O galo canta". 
   E xa na terceira merendamos castañas asadas.

CONTO MAGNÉTICO DA VENDIMA

Dado o éxito do ano pasado do conto magnético, este ano aproveitamos a ocasión de celebrar a vendima nas nosas escolas para elaborar, inventar e representar un conto magnético da vendima en cada unha das escolas do CRA:




Carnés da biblioteca 2015-16

Este ano tamén elaboramos os carnés da biblioteca para os nosos novos alumnos:



Libro viaxeiro 2015-16

    Un curso máis estamos a levar a cabo as actividades da mochila viaxeira, que irá cada semana para a casa de cada alumno e así poder desfrutar de contos diferentes dos que dispoñen na súa aula, e a maleta viaxeira, que estará na biblioteca de aula de cada escola durante un mes.
   
    Ademáis destas actividades tamén estamos a realizar o libro viaxeiro, que nesta ocasión está adicado as charcas. Éste ano os nosos alumnos inventarán un conto no que eles sexan os protagonistas xunto co animal da charca que escollan.