lunes, 12 de diciembre de 2011

O magosto no CRA

Coa chegada do outono, volta de novo as nosas aulas as gañas de comer castañas, de contar contos, recitar poesías e moitas cousas máis.
Dende o equipo de ENDL do noso cole propuxéronnos facer diferentes cousas empregando as castañas en cada escola e a verdade é que ademáis de aprender moitas cousas sobre este froito, a súa árbore, quedamos impresionados das moitas cousas que podemos facer coa castaña ademáis de comela. 
Ollade e veredes¡¡¡¡

jueves, 8 de diciembre de 2011

Contos con pictogramas


Outro dos xogos que facemos no CRA consiste en leerlles un conto. Dito conto terémolo en pictogramas, de xeito que unha vez que o contemos pedirémoslle ós nenos que saian da clase ou pechen os ollos para que non vexan por dónde se colocan os pictogramas pola aula (están plastificados e pegámolos con goma adhesiva).






Unha vez que estén tódolos pictogramas pegados avisamos ós nenos para que empecen a buscalos.



O último paso é ordenar, entre todos, os pictogramas para que eles conten o conto.









miércoles, 7 de diciembre de 2011

O monstruo Comeletras


Aquí vos presento ó monstruo Comeletras que se alimenta dos vosos comentarios, cantos máis comentarios poñades neste Blog máis vai a ir medrando, asi que axudádeo que quere ser maior!!!!

O conto da oruga glotona


Ós/ás nenos/as das nosas escolas gústalles moito este conto. Ademais de imprimilo, plastificámolo e pegamos cada figura con velcro. Primeiro contámolo ben e a segunda vez despegamos e escondemos algúns dos debuxos para que salga un neno a contalo e os demais recorden qué é o que falta.

Inventando contos


Encántannos os contos, pero aínda máis inventalos!! Ésta é unha das actividades que facemos para crear contos: cun xogo magnético repartimos as personaxes e, de un en un, vamos colocándoas no taboleiro e contando a historia. Deste xeito cada vez sáenos un conto diferente.

No caso de non contar con este tipo de xogos, pode facerse esta mesma actividade collendo un folio tamaño A3, debuxando nel unha paisaxe e plastificándoo. Logo escollemos as personaxes e tamén as plastificamos, mediante velcro colocado pola lámina vamos colocándoas e inventando o conto.

Decir tamén que este xogo podémolo facer para a pizarra dixital, só necesitamos unha paisaxe de fondo, unha serie de animais e a nosa imaxinación!!

O CONTO DE COCORICO


Aquí vos amosamos un dos contos que lle contamos ós/ás nenos/as do noso CRA. Gústalles tanto que ata o vamos representar no festival de Nadal.