miércoles, 15 de marzo de 2017

Monstruo rosa


   A semana pasada traballamos o conto Monstruo Rosa xa que é un conto sobre a diversidade que amosa o enriquecedor que é coñecer, aceptar e relacionarse con persoas diferentes a nós. 
   Por iso, logo de falar sobre o mesmo, cada un debuxou o seu propio "monstruo rosa".

video


jueves, 23 de febrero de 2017

miércoles, 15 de febrero de 2017

Mochila temática das legumes

   A semana pasada comezou a viaxar polo cra a mochila temática, este ano con varios contos sobre as legumes e que estará en cada unha das escolas dúas semanas.


Osiño

   O pasado mércores saímos de excursión ó auditorio A Banca para desfrutar dun conto representado con marionetas: Osiño, no que un pequeno oso vive diferentes aventuras en cada unha das estacións do ano xunto cós seus amigos os ratos, o porquiño e os paxaros.



miércoles, 14 de diciembre de 2016

NOVAS MARIONETAS

  Un dos xogos favoritos dos nosos alumnos é o de representar contos con marionetas. Ata o momento as que tiñamos eran as de Carapuchiña vermella e as dos tres porquiños:




  Pero agora contamos con tres marionetas novas que nos van permitir inventar moitos máis contos:
  • PAPANOEL:

  • UN REI:


  • E UNHA BRUXA:




martes, 6 de diciembre de 2016

GARAVANCIÑO

   Como o tema da biblioteca deste ano son as legumes, traballamos o conto de Garavanciño da editorial Kalandraka. Primeiro leímolo e desfrutamos das súas aventuras e logo debuxamos as escenas. E éste foi o resultado:

video

BOLECHAS NA REAL ACADEMIA GALEGA


O pasado xoves 1 de decembro os nosos alumnos de primaria e de 5 anos visitaron a Real Academia Galega para asistir á presentación da nova colección dos Bolechas sobre as Letras Galegas.